
Nun principio o xuíz encargado do caso fallou a favor da SGAE e condenou ó responsable da Frikipedia, Vicente Herrera, a pagar 600 euros e as costas xudiciais, aínda que os contidos publicados non foran escritos por el (pero é o único individuo identificable da páxina social, por ser o seu promotor) e tras un novo fallo da Audiencia Provincial o caso quedou pechado definitivamente, ratificándose a condena anterior.
Farré non sabe aínda cales serán as costas xudiciais da outra parte (as do seu avogado son uns 1.700 euros) e percibiu achegas que sumaron 1.222,97 euros en concepto de doazón solidaria (o que axudará a soportar a carga económica da sentencia), polo que o administrador da web, escarmentado, decidiu pechar as colaboracións na súa páxina a usuarios rexistrados, polo que remata co anonimato nesta enciclopedia aberta, o que supón toda unha chamada de atención a moitos outros servizos da web social.
Ratifícase a sentenza contra a Frikipedia por atentar contra a honra da SGAE
Compartir Este Artigo

