O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) vai levar a cabo esta semana na Facultade de Informática da Coruña diferentes actividades de divulgación sobre software libre. As accións, que van encamiñadas a fornecer ós estudantes dunha formación mínima sobre que representan e que vantaxes teñen os programas de fonte aberta, desenvolveranse entre este martes 13 e o xoves 15, en horario de 10.30 a 12.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas. As sesións estrutúranse en tres bloques temáticos. O martes será a quenda do contorno e a historia do software libre, o mércores de GNU/Linux na Facultade e o xoves do GNU/Linux no fogar.
Informática da Coruña acolle esta semana actividades de divulgación sobre Linux
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta explica o seu modelo de transformación dixital a unha delegación de expertos de Arxentina, Panamá, Uruguai e Guatemala
- Preto do 70% das empresas tecnolóxicas galegas emprega a intelixencia artificial ou incorpóraa aos seus produtos e servizos
- A Xunta e as empresas do Novo Pacto Dixital comezan o traballo para a especialización de Galicia en Tecnoloxía
- Os centros educativos galegos poden inscribirse ata o 5 de outubro na VI edición de ‘Ciberseguridade no Cole!’
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter