O
vindeiro 4 de decembro sairá unha actualización para a consola Xbox 360 que
incluirá a función Xbox Originals que permitirá a descarga de xogos
completos orixinais de Xbox (a anterior consola de Microsoft) polo que os nostálxicos
poderán rememorar títulos coma Psychonauts,
Crimson Skies: High Road to Revenge, Fable, Halo e Fuzion Frenzy.
Os xogos serán descargables (polo que non precisarán de disco para o seu
funcionamento) e se venderán a 1.200 Microsoft
Points (uns 14 euros) contando cun catálogo que se irá ampliando durante
2008.
Os usuarios de Xbox 360 poderán mercar en descarga xogos clásicos de Xbox
Compartir Este Artigo

