A tecnoloxía da Nintendo Wii non só se pode empregar para os xogos, senón que un proxecto da Fundación CTIC permite simular o escanciado de sidra mediante un vaso e unha botella especiais, conectados a unha pantalla na que se pode ver virtualmente a caída do líquido (e mesmo se escoita o ruído que fai a sidra ó golpear o vaso, que reproduce a correspondente vibración). Amais, o proceso non é totalmente virtual, xa que o proceso de escanciado se ve tamén emulado por un escanciador eléctrico, polo que o usuario que usa o que xa chaman wiidra poderá degustar o sabor da mesma trala experiencia interactiva.
Este curioso prototipo de simulador se poderá ver no Tecnimap que se celebra en Xixón ata o vindeiro venres, e de seguro que vai achegar moitas miradas aínda que se descoñeza a finalidade definitiva desta tecnoloxía.
A Wii inspira un escanciador virtual de sidra
Compartir Este Artigo

