
As novas tarifas supoñen a baixada dos gravames a discos ópticos e gravadoras á vez que incrementan o número de dispositivos suxeitos ó canon. Así, por cada gravadora de CD proponse o pago de 0,60 euros; 3,40 euros no caso das gravadoras de DVD; os discos CD-R, CD-RW, DVD-R e DVD-RW pagarían 0,17, 0,22, 0,44 e 0,60 euros respectivamente; as impresoras de tinta pagarán 7,95 euros e as láser, 10 euros e os scanners, 9 euros.
Como novas incorporacións ó canon dixital estarán as memorias USB (0,30 euros), as unidades de almacenamento (12 euros), os reprodutores de MP3/MP4 (3,15 euros), móbiles e PDA con soporte de MP3 (1,5 euros).
Pero o futuro deste canon dixital podería verse ameazado, pois Mariano Rajoy anunciou que o PP non apoiará este gravame, e votarán «exactamente o mesmo» que no Senado aclarando que están a favor da propiedade intelectual e procurarán «a creación dunha axencia da Propiedade Intelectual» que vixiaría este polémico eido.
Ante as campañas que se están a artellar contra o canon dixital, a Academia de Cine acolleu unha rolda de prensa convocada polas principais entidades de xestión e autores para publicar un manifesto en favor do canon, contando coa presenza de persoeiros coma Benito Zambrano, Caco Senante, José Coronado ou Fernando Guillén Cuervo. Este comunicado pretendería pór a venda antes que a chaga, pois nalgúns casos a compensación por copia privada chega a supor ata o 50% dos ingresos dalgúns autores/editores.
O futuro do canon dixital podería dirimirse esta semana
Compartir Este Artigo

