
Barger pretendía crear unha web máis transparente, e no seu propio curruncho ía expondo cousas interesantes que atopaba na Internet, potenciando o uso das ligazóns, e na revista Wired recollen unha listaxe cos 10 principios que sostiña o polémico blogueiro que non conseguiu que o seu carácter de pioneiro lle achegase certa seguridade económica (chegou a ser un blogueiro indixente):
– un weblog auténtico é un arquivo de tódolos URL que queres gardar ou compartir
– podes incluír ligazóns ós teus pensamentos orixinais, publicados en calquera outro sitio… pero se tes máis entradas orixinais que ligazóns, probablemente precises aprender algo de humildade
– se dedicas un pouco de tempo a buscar antes de publicar, posiblemente atopes a túa idea ben articulada noutra parte
– ser realmente ti mesmo sempre é mellor que eliminar unha ligazón porque non estea de actualidade. Os teus lectores precisan coñecerte
– sempre se pode mellorar o título que unha autor pon a unha páxina cando se describe unha ligazón
– inclúe sempre algún adxectivo describindo a túa propia reacción á páxina enlazada
– cita sempre a fonte que che guiou, deixa que os teus lectores poidan seguir o rastro
– avisa de incidencias (formatos raros, historias multi-páxina, ficheiros moi grandes…). Non camufles a ligazón principal entre ligazóns auxiliares
– escolle algúns dos teus autores ou famosos coñecidos e crea un fluxo en Google News que permite seguir mencións ós mesmos para que outros afeccionados poidan seguilos a través do teu weblog
– reenvía as túas ligazóns favoritas de cando en vez, para a xente que non as veu a primeira vez
Podemos destacar que estas recomendacións parecen un tanto obsoletas, pois parten dunha visión que non parece moi axeitada para os blogs actuais, pero resulta curiosa a listaxe de consellos para blogueiros dende a perspectiva que se empregaba na proto-blogosfera.

