Ramón Varela, Fernando Salgado, Lois R. Andrade e Carlos González durante a presentación de Galiciaparelmundo.comEsta mañá presentouse en Compostela o novo portal galiciaparaelmundo.com, que inclúe unha tenda virtual na que se pode adquirir unha selección dos mellores produtos galegos, nun acto ó que asistiron o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado; o produtor executivo de Pórtico Comunicaciones, Ramón Varela; e os responsables da empresa Galiciaparti (desenvolvedora do portal), Lois R. Andrade e Carlos González. A nova tenda en liña ofrece unha selección de marisco fresco das rías galegas, os mellores viños das nosas denominacións de orixe e artigos delicatessen para adozar o padal, que se subministran cun compromiso de entrega en 24 horas e óptimas condicións de conservación.