
Pero o xogo de Duke Nukem non é o único título que se resiste a chegar, e os xogos Spore (do creador dos Sims) e Diablo III (do que se fala dende o ano 2000) fixéronse cos postos 2 e 7 respectivamente do Top 10 do vaporware, acompañados por moitos outros produtos coma o Steorn Orbo, o Tesla Roadster, o sexto disco de estudo dos Guns N’Roses e o teclado Optimus Maximus (que podería chegar finalmente en febreiro de 2008 con moitos meses de retraso). No tocante ó software, o SP3 para Windows XP tamén se fai esperar (aínda que a versión de proba actual resulta moi prometedora).
Dende Wired tamén destacan que o móbil Samsung BlackJack, dotado co sistema operativo Windows Mobile 5, quedou no esquecemento, non aparecendo nunca a súa actualización a Windows Mobile 6.
Pero oitava posición da listaxe é quizais a máis inquietante, pois se trata da especificación IEEE 802.11n, ou sexa, o novo estándar do Wi-Fi, que parece ter problemas para superar a súa fase de borrador, e non se espera unha versión definitiva ata 2009. Por fortuna, os fabricantes continúan a traballar nesta tecnoloxía pese a non estar cubertos por unhas especificacións que se veñen a desenvolver dende 2006.
Duke Nukem Forever revalida o título ó Vaporware do ano
Compartir Este Artigo

