O popular blogueiro norteamericano (neto de galegos) Mario Lavandeira, máis coñecido coma Pérez Hilton, veu cómo a súa conta de usuario en YouTube era suspendida por violar as normas de uso do servizo de vídeo de Google, provocado pala publicación de un vídeo no que se podía ver a Liza Minnelli en estado de intoxicación etílica (agravada polo uso de analxésicos) durante un concerto no que remataba caendo.
Trala cancelación da súa conta, Lavandeira creou outra para publicar un vídeo de protesta polo acontecido, que tamén foi cancelada, no que parece un acto brutal de censura por parte de YouTube.
Amais, Lavandeira argumenta que o vídeo borrado do servizo non violaba as normas de uso, pois non violaba o copyright, xa que se trataba dunha gravación realizada por un lector do blog Pérez Hilton que autorizara a súa difusión.
Loitar contra o subministrador dun servizo de balde coma YouTube parece algo complicado, polo que a lección que se debería aprende do acontecido é que non se pode confiar nun único servizo para dotar de contidos a unha web (pois no caso de ter problemas se pode perder un arquivo alimentado durante anos).
YouTube censura ó blogueiro Pérez Hilton
Compartir Este Artigo

