
Ata o momento Yahoo Go limitábase a contidos de Yahoo, pero agora «ábrese ó mundo» seguindo unha estratexia semellante á de Facebook, que deixa nas mans de terceiros a posibilidade de engadir valor á súa plataforma.
Actualmente Go 3.0 é compatible cuns 30 dispositivos, e Yahoo está a traballar en convencer a fabricantes coma Motorola ou LG para que precarguen esta ferramenta nos seus terminais.
Podemos destacar que entre as plataformas ás que se adaptarán os servizos de Yahoo estarán Android (solución móbil promovida por Google) e o iPhone, polo que se ve que Yahoo non ve que os sistemas operativos dos distintos móbiles (desenvolvidos por compañías coas que compite noutros ámbitos) sexan un atranco para os seus servizos móbiles.
Jerry Yang tamén amosou o prototipo do que será a nova versión do servizo de correo de Yahoo (que conta con 250 millóns de usuarios en todo o mundo), que terá características propias de redes sociais, e priorizará as mensaxes de persoas coas que nos comunicamos con frecuencia. Unha ferramenta que se incluirá tamén será un localizador que permite situar no mapa localizacións e datos adicionais das mesmas (de xeito que, por exemplo, podemos acceder cunha sinxela operación de arrastrar e soltar a localización, análises de clientes e fotografías dun restaurante).
Yahoo abrirá a súa plataforma a terceiros e continuará a promover o salto dos seus servizos ó móbil
Compartir Este Artigo

