Durante a súa campaña en New Hampshire a candidata demócrata Hillary Clinton fixo unha promesa moi interesante para os usuarios de Internet pois asegurou que terán «un equipo gobernamental de blogs» dende o que se contará todo ós cidadáns nortemaricanos, ós que se informará ó día.
A nova promesa electoral de Clinton pretende ser unha aposta pola transparencia e a Internet, o que tamén procura o seu maior rival pola candidatura á presidencia, Barack Obama.
| Hillary Clinton prometendo que apostará polos blogs |
Sorprendeu ver coma Hillary Clinton protestou polo desbalde de milleiros de millóns de dólares dos contribuíntes polo que asegurou que «¡Quero pór todo na Internet! Quero que vexades o orzamento de cada axencia. Quero que sigades todo o que pasa no voso goberno. ¡Vós pagades por iso, deberiades sabelo!».
A candidata tamén permite que os internautas lle acheguen preguntas dende a súa web de campaña, deixando así de ignorar ós mozos e usuarios de Facebook que ata o momento estaban a apoiar maioritariamente a Obama.

