O vindeiro martes a
directora xeral de Google para España e Portugal, Isabel Aguilera, deixará o
seu cargo, que ocupará un directivo interno ata que a compañía designe a un
substituto definitivo, segundo anunciou Mats Carduner, director para o sur de
Europa da empresa, quen declarou que «Isabel
realizou unha importante contribución no noso negocio en España, aumentando a
nosa base de socios e clientes, así como axudando a difundir a mensaxe do
potencial da Internet entre as compañías españolas».
Isabel Aguilera deixa a dirección de Google en España e Portugal
Compartir Este Artigo

