Gaspar Llamazares, continuando co seu aproveitamento das novas tecnoloxías, sorprende cunha curtametraxe en Second Life na que se pode ver ó avatar do coordinador de Izquierda Unida enfundado nun traxe de superheroe, cunha capa verde e un traxe vermello coas siglas de IU no peito.
A nova produción estase a gravar actualmente e se estreará a finais de mes. A desenvolven o equipo de comunicación de Llamazares e SecondMind (empresa especializada en Second Life) e pretende «describir a realidade política, a contenda de PP e PSOE» e o papel que o partido de Llamazares xogou na mesma, presentándose coma SuperGaspi ou SuperIU, o superheroe da esquerda que critica a Rajoy e a viaxe ó centro de Zapatero «con moito sarcasmo e acidez» en palabras do propio político real.
Llamazares disfrazarase de superheroe nunha curtametraxe gravada en Second Life
Compartir Este Artigo

