O custo da tinta de impresora é algo que preocupa a moitos consumidores, e pensando en tal Inteck Ibérica anunciou novas tintas de recarga para cartuchos de impresoras Canon, en botellas de 1 litro cada cor.
Como exemplo, a botella de cor negra se vende a 36 euros, o que permite 62 recargas, rebaixando o prezo de cada unha a 0,58 euros, o que supón un aforro moi importante para os usuarios que fan un uso intensivo da impresión de tinta, que aínda é maior nas tintas de cor (que se venden a 30 euros/litro).
Para encher os cartuchos, aparte das botellas de tinta, é preciso adquirir un kit que permite reutilizar os cartuchos de tinta coa tinta mercada a Inktec, que segundo o fabricante obrece a mesma calidade que a orixinal de Canon.
Inkteck permite rebaixar o gasto en impresión vendendo tinta en botellas de 1 litro
Compartir Este Artigo

