Distintos usuarios están a detectar certos problemas cos portátiles Dell XPS M1330 e M1530, pois parece que a súa cuberta de aluminio conduce ocasionalmente certa cantidade de electricidade que pode ir dende un mero formigo ata unha molesta descarga eléctrica.
Segundo parece este fallo está provocado por un conector que non está axeitadamente conectado a terra, o que fai que o corpo actúe coma un cable ó tocar ás partes metálicas do exterior dos equipos problemáticos.
Dende Dell recomendan desconectar os portátiles da corrente no momento de conectar algún accesorio, aínda que aseguran que as descargas accidentais non supoñen ningún risco.
Algúns portátiles de Dell poderían conducir descargas eléctricas a través da súa carcasa de aluminio
Compartir Este Artigo

