O Equipo de Novas Tecnoloxías (ENTe) do CEIP de Palmeira tras ver o proxecto de encerado electrónico de baixo custo desenvolvido por Johnny Chung Lee (e que se baseou no uso do popular mando da Nintendo Wii), decidiron que podería ser unha solución alternativa ós caros encerados dixitais pois, aparte dun videoproxector, só precisa de compoñentes por valor de 58,35 euros (susceptible de reducirse).
Vendo que a solución é totalmente operativa, decidiron publicar na Internet unha guía para a construción deste orixinal dispositivo que incluso podería adaptarse para traballos colectivos (con ata 4 alumnos colaborando na mesma pantalla).
Para facerse unha boa idea deste proxecto o mellor é ver o vídeo de demostración que os seus responsables publicaron en YouTube:
Dende o CEIP de Palmeira explican cómo construír un encerado dixital de baixo custo
Compartir Este Artigo

