Philips leva meses a traballar nun dispositivo baseado en papel electrónico que colla na palma da man, o READIUS, que incorpora unha pantalla flexible de 5 polgadas e que finalmente parece que será un móbil que se venderá a mediados de ano, estando actualmente na procura de distribuidores.
Este orixinal móbil contará con conectividade 3G, de xeito que será un dispositivo moi apto para a lectura de novas, blogs e correos electrónicos, o que resulta compatible cun reducido tamaño grazas á flexibilidade da súa pantalla (que se enrola cando non se usa).
Amais, como a tecnoloxía de tinta electrónica só consume enerxía ó modificar os seus contidos, a autonomía deste móbil será bastante boa. O READIUS podería ser só o primeiro dispositivo deste tipo, pois o seu fabricante está a traballar nunha futura xeración que contará cunha pantalla de 8 polgadas a toda cor que mesmo poida amosar vídeo, aínda que non estiman que sexa posible antes de 5 anos.
O Philips READIUS chegará ó mercado a mediados de ano
Compartir Este Artigo

