España coordinará o proxecto de creación dun Portal
Europeo de Arquivos na Internet que unificará os recursos arquivísticos
agora dispersos. O proxecto conta co apoio da Comisión Europea, que achegará 3
millóns de euros a través da iniciativa eContentplus.
O obxectivo xeral do proxecto é a unificación e publicación a través da
Internet dos distintos arquivos de España, Finlandia, Francia, Alemaña, Malta,
Países Baixos, Polonia, Portugal, Suecia, Grecia e Eslovenia, agardándose que
sexa unha realidade en 3 anos.
O Ministerio de Cultura coordinará a creación do Portal Europeo de Arquivos na Internet
Compartir Este Artigo

