
Durante o Conselllo deuse a coñecer un informe da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria sobre os obxectivos da informatización do ensino galego que indica «a anticipación dos obxectivos previstos» pois en 2005 había 12 alumnos por ordenador e se logrou reducir a 7,1 no 2007 e, «nesta semana, están entrando nos centros escolares de Galicia os equipamentos que permitan situar neste ano a ratio en 6 alumnos por ordenador» reducindo a relación alumnos/ordenador á metade en pouco máis de 2 anos.
En relación coa conectividade dos centros de ensino, o presidente da Xunta salientou que a totalidade dos 1.000 centros de primaria e secundaria de Galicia «contan co cableado básico», é dicir, con acceso á Rede nos espazos administrativos, nas bibliotecas, na aula de informática e na sala de profesores, mentres que as conexións chegan a tódalas dependencias no 80% dos centros de secundaria e o 8% dos de infantil e primara, polo que agora o obxectivo é «que ó remate da lexislatura conten coa conexión integral, mediante o cableado ou mediante Wi-Fi tódolos centros de Galicia».
Emilio Pérez Touriño tamén indicou que veñen de pór en marcha un proxecto nos centros de infantil e primara para dotalos dunha intranet mediante Wi-Fi.
Para o curso 2008-2008 a Concellería de Educación e Ordenación Universitaria ten previsto un investimento de 9 millóns de euros en equipos informáticos e audiovisuais, o que permitirá a distribución de novos encerados dixitais, videoproxectores, impresoras e ordenadores para os centros educativos.
A Xunta dotará de conexión integral á Rede a tódolos centros educativos antes do remate da lexislatura
Compartir Este Artigo

