Trala estrea en xuño de YouTube ToGo, o servizo de vídeo máis empregado do mundo mellora a súa versión móbil dun xeito espectacular, ampliando a súa base de vídeos (permitindo o acceso a máis de 10 millóns de clips), abrindo o acceso ás contas de usuario en YouTube (o que permite consultar os novos vídeos subidos, así coma os nosos favoritos), permitindo a carga de vídeos a través de coreo electrónico e mensaxes MMS e globalizando o servizo (de xeito que podemos acceder ó mesmo en español).
Andreas Tuerk e Dwipal Desai explicando as últimas melloras na versión móbil de YouTube |
Os vídeos transmítense mediante streaming RTSP, o que fai que estean accesibles a través da meirande parte dos móbiles multimedia do mercado, aínda que os usuarios norteamericanos e británicos con móbiles Sony Ericsson K800 e W800 ou Nokia E65, N73, 6110 Navigator ou 6120 Classic tamén poderán descargar unha aplicación en Java para acceder ó servizo.

