Moitos medios coma El Mundo, El País, Los 40 ou Cadena SER organizan con certa frecuencia encontros dixitais con actores, cantantes, escritores e todo tipo de persoeiros, de xeito que os achegan ós seus seguidores a través da Rede, e para poder informarse deste tipo de entrevistas fronte ó ordenador nace Encuentrosdigitales.com, web que recompila información sobre estes eventos e os seus participantes.
A nova web permite ver os últimos encontros dixitais agrupados por categorías temáticas, mentres que tamén presenta unha listaxe cos vindeiros encontros, dos que pode un estar ó día grazas á posibilidade de subscribirse ós mesmos mediante un fluxo RSS.
Unha web recompila información sobre os encontros dixitais celebrados en España
Compartir Este Artigo

