
Os ficheiros con cada episodio están comprimidos a 3 Mbps en formato MPEG-4 H.264 a unha resolución de 1.024 x 576 a 25 fotogramas por segundo, o que dá unha calidade bastante elevada (superior a DVD). Ocupan uns 600 Mbytes, e se poden descargar en poucos minutos dende unha conexión de banda larga, no que supón unha iniciativa sen precedentes, posto que é a primeira vez que unha serie de éxito se distribúe de balde a través de BitTorrent, sen contar con ningún tipo de protección DRM nin limitar a súa calidade, o que foi moi ben recibido polo público, que agradece este xeito de achegar a serie protagonizada polo sendeirista Lars Monsen na súa viaxe en solitario polo norte de Escandinavia durante un ano.
A serie de máis éxito na televisión noruega ofrécese de balde a través de BitTorrent
Compartir Este Artigo

