
Todo apunta a que o iPhone é o dispositivo que marca o punto de inflexión, e ó conectarse á Rede e presentar unha pantalla dun tamaño suficiente como para dar boa calidade para ver imaxes e vídeo, está a abrir unha porta á pornografía, de xeito que parece inevitable que o negocio do porno medre de xeito impresionante nos móbiles durante 2008.
As empresas do sector están a acusar un descenso nos seus ingresos en DVD, e os móbiles poderían ser moi importantes para o seu modelo de negocio como tamén aconteceu coa música.
Durante o Congreso de Contido Móbil para Adultos celebrado esta semana nos EE.UU., Jay Grdina, presidente de ClubJenna Inc., asegurou que o sector debe evolucionar ou morrer, polo que deben prepararse para o cambio, e converter a pornografía no móbil nun negocio viable.
A industria do porno apostará polos contidos móbiles en 2008
Compartir Este Artigo

