A cadea de hoteis Hilton presentou onte un simulador para os seus empregados chamado Ultimate Team Play, que se basea no motor de videoxogos Unreal Engine 3, e que permite que os traballadores da marca Hilton Garden Inn poidan replicar situacións reais na pantalla do ordenador para analizar os mellores xeitos de atender as peticións dos clientes.
Os empregados poderán ocupar no xogo o mesmo posto que na mundo real, enfocándose a aplicación principalmente ó trato cos clientes. O Ultimate Team Play aínda está en fase de probas, e agardan que para xaneiro de 2009 permita tomar o papel de tódolos postos posibles na empresa, dende a limpeza ata a cociña.
Os hoteis Hilton adestrarán ós seus traballadores cun simulador informático
Compartir Este Artigo

