Os malos resultados económicos de Yahoo provocados en boa medida polo éxito de Google levou á empresa a anunciar unha redución do seu cadro de persoal nun 7% (o que afecta a 1.000 empregados) o que non evitou que as accións da compañía seguisen en caendo de xeito que dende finais de 2005 reducise a súa capitalización bolsista á metade, o que aproveita Microsoft para presentar unha oferta de 44,6 millóns de dólares (uns 29,95 millóns de euros) por Yahoo, o que o mercado está a percibir positivamente.
Con esta operación Microsoft ofrece 31 dólares por acción, o que sería un 62% de plusvalía sobre a cotización do buscador no día de onte, polo que parece que finalmente a compañía de Redmond se fará cun dos principais portais de Internet.

A absorción de Yahoo por parte de Microsoft non parece ser unha operación improvisada, senón que dende Microsoft aseguran que xa teñen elaborado todo un plan de fusión das empresas para aproveitar todo o seu potencial.
Microsoft ofrece 44.600 millóns de dólares por Yahoo
Compartir Este Artigo

