A versatilidade do iPhone de Apple está a levar a empresas a desenvolver aplicacións nativas para tal plataforma (pese a que aínda no se publicou o SDK oficial para o terminal) e un bo exemplo destas aplicacións é MobileFleet, que é unha aplicación de seguimento e control de flotas de vehículos a través dunha interface web á que tamén se pode conectar o iPhone accedendo a unha versión da mesma adaptada para a resolución do dispositivo móbil.

A versión para o iPhone de MobileFleet permite o seguimento de flotas en tempo real mediante Google Maps, actualización de información en tempo real grazas ó uso de AJAX, vistas de satélite, alertas en tempo real, informes detallados (e descargables en formato PDF) e características de xestión de flotas.
Vídeo de demostración da web de MobileFleet adaptada ó iPhone

