A adaptación de páxinas web para o iPhone e o iPod Touch é un xeito de atraer ós usuarios destes dispositivos, pero a película Jumper é a primeira en facer o propio para promocionarse na Internet, pois conta cunha versión optimizada para o navegador Safari móbil que permite consultar a sinopse, a guía de personaxes, algúns extras e o trailer da película.
Como curiosidade, a web da película inclúe unha sección que permite saltar aleatoriamente a outras páxinas web optimizadas para o iPhone, características moi atinada tendo en conta o argumento da película promocionada.
A película Jumper estrea versión da súa web para o iPhone
Compartir Este Artigo

