Unha delegación da Asociación PuntoGal participará en Nova Delhi nun encontro de ICANN que se celebrará entre o 10 e o 15 de febreiro e contará con máis de 300 expertos de todo o mundo que tratarán os distintos aspectos sobre o funcionamento de dominios de Internet, entre os que se pode destacar o Acordo Proxecto Conxunto (JPA) que abordará a privatización do sistema de nomes de dominio.
Tamén se tratará os novos dominios, agardándose que para o verán do presente ano se abra a primeira quenda de solicitudes para que a primeiros de 2009 xa se poidan coñecer os primeiros novos dominios aprobados, entre os que se procurará que estea un dominio para a lingua e a cultura galega, polo que os representantes da Asociación PuntoGal manterán distintos encontros e entregarán información ós asistentes sobre a interesante iniciativa para un dominio de primeiro nivel .gal.
A Asociación PuntoGal participará no vindeiro encontro de ICANN
Compartir Este Artigo

