Fernández Iglesias e José Luís Pérez na inauguración da exposición en MeisO director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, inaugurou a exposición itinerante Galiciadixital instalada no concello de Meis (Pontevedra) onde destacou o interese didáctico da iniciativa que «a fai recomendable para tódolos públicos». En Galiciadixital pódese ver ó cadelo virtual que fala galegoNo acto tamén participou o alcalde da localidade, José Luís Pérez Estévez, e un grupo de alumnos de secundaria do Colexio Público de Mosteiro, que puideron gozar «dunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ó coñecer as novas tecnoloxías aplicadas ó mundo audiovisual de xeito lúdico». Fernández Iglesias sinalou que a mostra está pensada para que os seus visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen do seu percorrido, o que mellora o seu interese didáctico para persoas de tódalas idades. A exposición ofrece proxeccións e xogos en 3 dimensións, un tirableiro virtual, unha viaxe aérea pola nosa comunidade e Axóuxere, a versión do cadelo de Sony Aibo que fala galego. Poderase consultar ata o 12 de febreiro e de balde na Casa da Cultura de Mosteiro.