Rafael Louzán, presidente de Deputación de Pontevedra, e Isabel Castro, alcaldesa de Pontecesures, asinaron no Pazo Provincial un convenio para dotar ó concello de Pontecesures dunha rede Wi-Fi que permite ós veciños do casco urbano e núcleos próximos o acceso á Internet de banda larga, á vez que permite mellorar a comunicación entre as dependencias municipais e o acceso a servizos telemáticos do Concello e a puntos de información turística dixitais.
O orzamento do proxecto é de 40.000 euros, do que a Deputación achegará 30.000 en concepto do subvención con cargo ó Programa de Acción Municipal 2008, mentres que o Concello deberá achegar os 10.000 euros restantes.
A infraestrutura Wi-Fi de Pontecesures contará con 14 antenas conectadas a un ordenador central sito no Concello, sendo de acceso libre e de balde tanto para os cidadáns como para os que se pasen pola vila.
Pontecesures contará con acceso á Rede por Wi-Fi
Compartir Este Artigo

