R.E.M. publicou na Rede 11 tomas de vídeo para acompañar á primeira canción do seu vindeiro álbum, que se poden descargar en formato MP4 de alta definición baixo unha licenza aberta que permite que calquera poida editar os clips para facer a súa versión do videoclip do tema Supernatural Serious.
Os usuarios que queiran exercer de montadores do grupo R.E.M. deberán ser pacientes coas descargas, pois parece que moitos artistas están a facerse cos ficheiros para elaborar unha montaxe orixinal do primeiro videoclips que sairá do álbum Accelerate.
R.E.M. permite facer mesturas do seu novo vídeo musical
Compartir Este Artigo

