
O conselleiro delegado de Blusens, José Ramón García, asegurou á La Voz de Galicia que aumentaron «fundamentalmente, a estrutura de I+D, a de definición e control de fabricación, a de soporte técnico e a de atención ó cliente: tamén se incrementou o persoal administrativo e o departamento de compras de internacional».
A compañía aínda pretende incrementar máis o seu número de traballadores, e queren incorporar progresivamente a Compostela o proceso de fabricación de TV-LCD e reprodutores multimedia, aínda que deberán buscar solucións ó problema do espazo.
A falta de solo dificulta o crecemento local de Blusens
Compartir Este Artigo

