Co gallo da inauguración do traxecto do AVE entre Madrid e Barcelona a web do xornal ADN estrea unha tecnoloxía da empresa Qik que lles permitiu retransmitir en directo a viaxe dos 2 trens AVE que conectan as mencionadas cidades.
Para facer iso empregaron unha aplicación informática desenvolvida por Qik para móbiles Nokia N95 que permite a retransmisión de vídeo, audio e texto en directo, de xeito que dende a Internet se poden ver os eventos en vivo e mesmo chatear co reporteiro.
Aparte da emisión en directo os vídeos tamén se gravan para a súa consulta en diferido, converténdose nunha interesante opción de publicación que en breve conformará unha canle en ADNtv.
ADN.es retransmitiu en directo o primeiro traxecto do AVE Madrid-Barcelona
Compartir Este Artigo

