Nos últimos meses apareceron curiosas aplicacións para o iPhone de Apple que permiten emitir ruídos (coma risas ou peidos) e emular a instrumentos musicais (guitarra eléctrica, piano, batería…) o que aproveitaron uns rapaces para montar unha especie de grupo musical chamado iBand, que se estreou na Internet cun orixinal vídeo no que se lles pode ver armados dunha Nintendo DS e dous iPhone (un coa aplicación Pocket Guitar e outro co iAno) para interpretar unha canción moi sinxela.
Este novo grupo xa conta con páxina web, e no futuro procurarán sumar máis dispositivos multimedia (coma un 3º iPhone) para continuar a abraiar á bloguesfera, onde xa son moi coñecidos.
Velaquí o orixinal vídeo musical:
iBand: o grupo musical do iPhone
Compartir Este Artigo

