Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os GUGLs pídenlle a Educación máis compromiso polos estándares abertos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Os GUGLs pídenlle a Educación máis compromiso polos estándares abertos

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/02/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aula_informatica3.jpgCo obxectivo de pedirlle á Xunta que a aposta polo software libre e polo emprego real das ferramentas informáticas no ensino sexa máis fonda, representantes dos GUGLs (Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos) e do profesorado reuníronse o venres 22 coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, seguindo en boa medida a liña de peticións dunha xuntanza previa con responsables do dito departamento. A reunión coa conselleira, da que podemos ver información abonda no caderno de Roberto Brenlla, serviulles ós colectivos a prol do código aberto para facerlle chegar o que consideran as “deficiencias” do sistema educativo galego neste eido.
Por exemplo: certas herdanzas de políticas previas baseadas en pagamentos por licenzas de software, morneza na aposta polos estándares abertos (malia figurar este compromiso no plan PEGSI da Xunta) ou escaseza de persoal no Sistema de Información da Educación Galega (SIEGA).
Imaxe dunha aula da nosa terra vista en Xeracionweb.com.
Amais disto, tamén lle fixeron chegar a Sánchez Piñón a súa inquietude polo que cualifican de “fuga de capitais polo pagamento de licenzas a firmas de fóra”, proceso que (opinan) se podería inverter se a estrutura educativa galega tirase proveito do software libre e máis aínda do software libre deseñado, desenvolvido e implementando dende Galiza.
A reunión, segundo informan os participantes nela, non se limitou á unha achega de queixas, senón tamén incluíu unha serie de posibles solucións, xirando unha boa parte delas arredor da adopción de modelos semellantes ós postos en marcha en Estremadura ou en Andalucía (onde a aposta clara polo software libre está a subministrar emprego e aforro económico, amais de meirande transmisión de coñecemento, subliñaron) ou arredor do deseño dun plan de actuación que implique –entre outras cousas- o seguinte:
· Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.
· Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.
· Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar
· Dotar de recursos axeitados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.
· Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.
Estes e outros datos sobre a xuntanza, na que amais de Brenlla participaron Benxamín Lois, Carlos Carrión e Manuel Morán, figuran detallados polo miúdo neste documento en pdf. Segundo sinalan estes días os asistentes, todo apunta a que hai un interese e unha boa disposición por parte da Consellería á hora de atender as ditas solicitudes.
De feito, Sánchez Piñón comprometeuse a ampliar a achega de información sobre software libre e a súa ética, tirando partido -a maiores- dun desprazamento vindeiro a Andalucía para avaliar polo miúdo as experiencias ligadas ó código aberto que en materia educativa alí se teñen desenvolvido. Asemade, a conselleira anunciou unha revisión do actual Plan de Formación no tocante ás temáticas de estándares abertos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?