
Manter este servizo, que precisaba de moito almacenamento e largo de banda para achegar os contidos ós usuarios, resulta moi caro, polo que dende DivX anuncian que o vindeiro día 28 pecharán esta web definitivamente.
Está claro que economicamente non é viable unha plataforma con moitos accesos e descargas pero que apenas xera ingresos económicos, xunto co feito de que Stage6 estaba a ser obxecto de demandas xudiciais, o que podería afectar seriamente á súa empresa matriz (DivX) aínda que non o recoñezan no comunicado no que informan do peche do seu portal de vídeos.
Sabendo que quedan poucas horas de actividades desta plataforma de vídeos xa hai moitos usuarios que acoden en manada a descargar algúns dos seus clips favoritos, para a súa visualización no futuro.
O portal de vídeos Stage6 pechará o 28 de febreiro
Compartir Este Artigo

