As revistas para adultos levan varios anos sumidas nunha crise da que buscan saír apoiándose no lecer electrónico, de xeito que a propia Playboy xa emprendeu distintas iniciativas para espallar a súa marca, sendo a última das mesmas o concurso Miss Playboy Mobile 2008, que pretende converterse nunha plataforma de busca de novas modelos, que deberán crear o seu propio perfil na web do certame para poder optar a un premio en efectivo de 5.000 dólares e a unha sesión fotográfica profesional na Mansion Playboy.
A modelo gañadora se decidirá mediante votacións a través do móbil entre os días 16 e 31 de marzo e se dará a coñecer o vindeiro 2 de abril en Las Vegas.
A revista Playboy organiza un concurso de beleza con votacións a través do móbil
Compartir Este Artigo

