
Google Sites sería unha ampliación de Google Apps, e está baseada no servizo Jotspot, adquirido a mediados de 2006. Permite o almacenamento de ata 10 Gb para usuarios de balde, existindo tamén a opción de contratar unha versión de pago con máis capacidade e posibilidades.
O novo servizo vén a ser unha alternitiva de peso ó Microsoft SharePoint, mesturando características de wiki co resto de servizos de Google (calendarios, documentos, follas de cálculo, calendarios, albums de Picasa e vídeos de YouTube). Complétase así o uso de Google Apps para a colaboración, que non só destaca polo seu prezo, senón que tamén resulta tan doado de manexar como calquera aplicación ofimática.
Google Sites permite facer webs corporativas de xeito doado
Compartir Este Artigo

