Microsoft anunciou que a aplicación de creación de xogos XNA 3.0 incorporará a posibilidade de crear títulos para o reprodutor multimedia Zune, funcionando tanto na vella versión con 30 Gb de capacidade como os últimos reprodutores con 80 Gb.
Os xogos funcionarán a unha resolución de 240 x 320 píxeles, utilizarán as capacidades Wi-Fi do reprodutor de Mcrosoft, permitirán o modo multixogador e terán certas limitacións (só poderán ser 2D e non poderán ocupar máis de 16 Mbytes).
O Zune aínda non se comercializa en Europa, pero a apertura do mesmo ós xogos (que poderían estar desenvolvidos tanto por profesionais coma por afeccionados) suporá un atractivo adicional cando cruce as nosas fronteiras.
O Zune ábrese ó desenvolvemento de xogos
Compartir Este Artigo

