Levar a Internet ó rural e a outros lugares afastados supón sempre todo un reto, e unha empresa norteamericana, Space Data, está a utilizar unha orixinal solución para iso lanzando unha rede de antenas en globos de hidróxeno que viaxan a unha altura de entre 18 e 30 quilómetros e dan unah cobertura duns 1.000 quilómetros cadrados.
O principial uso desta rede sería para servizos de voz e datos sen ter que crear unha inmensa infraestrutura de torres de comunicación, e se está a implantar nalgúnhas zonas pouco poboadas de estados do sur de EE.UU., para o que tamén precisan da colaboración dos granxeiros da conz, xa que os globos de hidróxeno se teñen que substituír diariamente, pagando Space Data tanto pola recuperación dos globos como polo seu inflado posterior.
Esta solución tecnolóxica responde ó nome de Skysite, e se apoia en GPS para gararantir a cobertura constante para os seus clientes.
Unha empresa estadounidense monta unha rede de telecomunicacións baseada en globos de hidróxeno
Compartir Este Artigo

