Zoho Writer é un dos servizos que aproveita a versión móbil de Google GearsGoogle Gears foi unha interesante innovación de Google que permite que moitos dos seus servizos (e doutros desenvolvedores que empreguen a API correspondente) permitan o acceso ós datos almacenados nos mesmos cando carezcamos de acceso á Rede, e agora deu un salto ó móbil, de xeito que xa hai unha versión para o navegador Pocket IE (presente en terminais Windows Mobile 5 e 6) que resultará moi atractiva para os usuarios que se conecten á rede aproveitando conexións Wi-Fi poidan acceder á información cando estean fóra de cobertura de tales redes (e non precisen de conectarse ás aínda caras comunicacións móbiles). Aproveitando esta nova prestación, xa hai servizos coma Zoho ou Buxfer, de xeito que cando carezcamos de conexións á Rede poderemos seguir accedendo ós nosos documentos. O mesmo tamén se podería aplicar a Google Calendar ou a Gmail. É de agardar que nos primeiros meses Google Gears se espalle a outras plataformas móbiles baseadas en Symbian ou Android, o que podería consolidar este tipo de ferramentas mentres a Internet móbil non sexa unha realidade universal.