Bill Gates anunciou durante a conferencia anual de Microsoft Office SharePoint a ampliación dos Microsoft Online Services que funcionarán para empresas de calquera tamaño e que permite ás compañías facer uso do software coma un servizo de subscrición.
Para probar as novas posibilidades desta plataformas, Microsoft abriu unha versión de proba limitada, e se estima que os novos servizos estean dispoñibles de xeito xeral na segunda metade do ano.
A nova plataforma esteria baseada en Microsoft Exchange Server 2007 e Microsoft Office SharePoint Server 2007, permitindo ás empresas acceder a correo electrónico, calendario, contactos, espazos de traballo compartidos, conferencia vía web e videoconferencia, administrando todo a través dunha interface web deseñada para cubrir as necesidades os profesionais das TIC.
Ata o momento os Microsoft Online Services estaban dirixidos só ás empresas con máis de 5.000 usuarios, contando con clientes coma Autodesk, Blockbuster ou Coca-Cola.
Microsoft amplía os seus servizos corporativos a través da web
Compartir Este Artigo

