
Aínda que dende Meizu aseguran que o produto en conflito foi un dos seus reprodutores multimedia, tódalas miradas se dirixen ó seu teléfono MiniOne, que resulta ser unha copia descarada do iPhone de Apple, baseándose no sistema operativo Windows CE pero presentando unha aparencia externa e unha interface de usuario sumamente sospeitosas, coma podemos ver nun vídeo que publican en Engadget.
O MiniOne pretendería comercializarse en chinés e inglés a partires do vindeiro verán, pero é de agardar que a súa comercialización fóra das fronteiras chinesas se vexa prexudicada ante potenciais medidas legais de fabricantes europeos e norteamericanos.
Pechan no CeBIT o stand do fabricante dun clon do iPhone
Compartir Este Artigo

