A compañía galega Satdata Telecom expón esta semana as súas solucións non expositor propio na feira CeBIT que se está a celebrar en Hanover (Alemaña).
A empresa con sede en Culleredo dedícase ó desenvolvemento de solucións de transmisión de información en mobilidade e creou un sistema de control e xestión de flotas punteiro en España e dos máis avanzados de Europa que se comercializa en distintas versións adaptadas ás distintas tipoloxías de empresa.
A presenza de Satdata Telecom no CeBIT supón «un salto importate» na súa expansión e internacionalización, e segundo o seu xerente, José Luis Madrid, está a espertar un alto interese entre os visitantes, o que serviu para iniciar contactos con clientes e potenciais distribuidores.
Satdata Telecom conta con stand propio no CeBIT
Compartir Este Artigo

