Na web da Estratexia galega da Sociedade da Información publican hoxe unha entrevista á directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, que presentou recentemente unha radiografía da situación do sector das Tecnoloxías da Información no noso país co gallo do III Foro da Modernización TIC celebrado en Compostela.
Veiguela considera que o sector das TIC está a gañar cada vez máis peso na economía galega, que en 2007 acadou o maior incremento do Estado no sector servizos, o que inclúe actividades relacioandas coas Tecnoloxías da Información. Tamén destacou que «o sector TIC xa representa o 2,15% do valor engadido bruto total da nosa economía cun nivel de emprego que medrou un 28,5% no último ano» coma o feito de que «os servizos da Sociedade da Información en Galiza achegan máis de 1.500 millóns de euors e representan o 11,5% do volume de negocio da actividade empresarial no noso país».
A directora xeral tamén comentou a importancia do PEGSI 2007-2010 para achegar o sector galego das TIC a niveis europeos, así como outras medidas da Consellaría de Innovación e Industria, coma o Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións Gradiant, a Plataforma Tecnolóxica das TIC Vindeira e a próxima creación do Centro Tecnolóxico do Software de Galicia.
Helena Veiguela repasa a situación do sector das TIC en Galicia
Compartir Este Artigo

