Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mancomun.org informa dun crecemento «espectacular» do software libre nas empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Mancomun.org informa dun crecemento «espectacular» do software libre nas empresas galegas

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/03/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mancomun_informe_2008.jpgA plataforma mancomun.org vén de examinar a fondo a situación do software libre en Galiza nos concellos, centros de ensino non universitario, empresas (pequenas e medianas en xeral) e empresas de base tecnolóxica. Os resultados do exame, que xa podemos ver nun documento PDF, amosan un crecemento xeneralizado da súa presenza, especialmente «espectacular» no eido da PEME galega, onde se duplicou o seu uso. O informe, levado a cabo polo Observatorio de Software Libre –máis concretamente por Francisco Javier Rial-, tamén subministra datos positivos sobre o estado de saúde da informática aberta no ámbito educativo, onde subiu dun 20% a un 65% en apenas dous anos.
A xuízo do Observatorio, un dos datos que máis se debe ter en conta é a introdución do software libre en todos os sectores, deixando de ser unha proposta de deseño e uso limitado ó espazo empresarial. Mais é precisamente neste eido, o do tecido económico, onde foi detectado outro dos fenómenos máis salientables, tanto máis se temos en conta que se produciu nun período de pouco máis de dous anos (foi en 2005 cando se realizou unha primeira fase do estudo). Falamos da normalización no uso de software libre entre as empresas que máis afeitas están ó trato coas redes e a informática: as de 40 a 249 empregados, onde se pasou dunha taxa de presenza de informática aberta do 10% a un 40%. A principal vantaxe deste dato reside no labor normalizador que se desprende, precisamente, desa normalización. Dito doutro xeito, certifícase dese xeito un proceso: o software libre só pode medrar a partir de agora.
Segundo apunta o Observatorio, as aplicacións máis empregadas son as de ofimática e as vinculadas a Internet (navegador, xestor de correo electrónico e xestores de contidos). Coinciden estas, din os responsables do estudo, cos programas que foron localizadas ao galego e promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través de mancomun.org, ata o intre de levar a cabo este estudo. Por certo que os provedores dunha boa parte do software libre que se usa en Galiza son galegos, polo que tamén se dinamiza o sector vinculado ás novas tecnoloxías.
É dicir: xérase riqueza propia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?