Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este venres celébrase en Ourense a II Xornada de Software Libre no FP de Caixanova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Este venres celébrase en Ourense a II Xornada de Software Libre no FP de Caixanova

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_sl_fp_caixanova.jpgA Asociación Cultural Ourensá de Software Libre (OuSLi) organiza este venres 11 de abril pola mañá a segunda xornada sobre código aberto no FP Caixanova, un encontro encamiñado a encher baleiros educativos e informativos relativos á programación aberta (baleiros que como sinalou Roberto Vieito hai días en Código Cero son aplicables a todos os ámbitos da sociedade, mesmo ó sector público, malia ser o software libre máis antigo có privativo).
A xornada de OuSLi, que se desenvolverá coa axuda do devandito centro de FP e da entidade mancomun.org, apóiase en boa medida na difusión das vantaxes do software libre como ferramenta no eido educativo: é máis libre e máis barata para institucións e colexios e posibilita a participación activa de mestres e alumnos en labores de deseño e adaptación.
O programa das xornadas é o seguinte:
8:30 – Wiki: Uso de ferramentas colaborativas a través de web. Descrición: Tralo auxe da web 2.0, cada vez son máis empregadas as ferramentas colaborativas, exemplo diso é a Wikipedia. Na charla amosarase o proceso de instalación, configuración e uso dun sistema wiki.
Relator: Enrique Estévez Fernández.
9:30 – Seguridade en GNU/LinuxDescrición: A seguridade é un punto clave da informática e que ten unha especial relevancia e actividade no mundo de GNU/Linux. Na charla exporase distintas técnicas para garantir a seguridade en sistemas empregando software libre.
Relator: David Martínez Carballo.
11:30 – Tradución de software libre ó galego.Descrición: Unha das vantaxes do software libre é a posibilidade de personalizalo e adaptalo ás distintas culturas e idiomas. Durante a charla ensinarase a traducir software libre ó galego a través de casos prácticos.
Relator: Manuel Varela.
12:10 – Filtrado de correo SPAMDescrición: Na charla exporanse distintas técnicas de filtrado de correo SPAM, e amosarase o funcionamento dos protocolos SMTP, POP e IMAP.
Relator: Jose Ramón Méndez Reboredo.
13:20 – Ferramentas de Software Libre para a PEME.Descrición: Mancomun.org lanzou o CD “Ferramentas informáticas para a PEME”, no cal se recompila software libre enfocado a PEME. Na charla presentarase o CD e faranse demos sobre o mesmo.
Relator: Manuel Varela.
14:00 – Achegando o mundo de GNU/LinuxDescrición: ¿Que é o software libre? e o seu estado actual. Como alguén pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes contornos de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reprodutores de música…
Relator: Antonio Martínez Carballo.
As xornadas están abertas a calquera que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, ó carón de Expourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?