Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O software libre e galego habilitado por mancomun.org chega ás cen mil descargas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O software libre e galego habilitado por mancomun.org chega ás cen mil descargas

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/04/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mancomun_convenio.jpgXa o puidemos comprobar en Xuventude Galiza Net no stand de mancomun.org (porque unha cousa é imaxinar as máis que probables descargas e outra ben distinta ver o reparto diante): o paquete ofimático OpenOffice traducido ó galego tivo que ser obxecto dunha reposición e dun control constante, tal foi o interese dos visitantes por carretalo a casa. De feito, este que escribe chegou a recibir ata cinco chamadas nunha soa mañá para advertilo de que non se lle ocorrera marchar de alí sen levar outros tantos programas traducidos e dispostos por mancomun.org, plataforma de usuarios e deseñadores galegos de software libre e da Consellería de Innovación.
Pois ben, tendo en conta que as cifras son a mellor maneira de explicar un éxito, a dita rede de traballo vén de facer reconto do traducido, do habilitado e do descargado: case 100.000 descargas dende a web, 31.200 CDs de DVDs distribuídos de xeito físico dos máis de 10 programas traducidos e unha ferramenta en concreto, o dito OpenOffice, que xa foi obxecto de 67.000 descargas.
Destas, máis de 56.000 atinxiron ó paquete e o resto a complementos.
Por certo que o éxito desta última distribución en Xuventude Galiza Net son se limitou o continuo trasfego de material dixital, senón que tamén se reflectiu no proceso colectivo de translación ó galego da versión 3, ó que contribuíron arreo os participantes da xuntanza.
Ó OpenOffice ségueo o navegador Firefox en importancia no número de baixadas, cunha cifra de 10.500 descargas, número semellante ó que acadou o corrector ortográfico, que opera asemade con cliente de correo Thunderbird. Este, por certo, recibiu 1.500 solicitudes, sendo 500 as do Sunbird e 360 as do software para bancos de tempo. Igualmente salientables foron as 3.267 de Traducíndote, unha ferramenta da que xa falamos nesta mesma web e que consiste nunha engadidura ó OpenTrad encamiñada a permitir a tradución de documentos enteiros en dous sensos e a través de múltiples pares de lingua: galego, español, catalán, portugués

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?