Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os médicos comezan a pasar consulta en Second Life
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Internet

Os médicos comezan a pasar consulta en Second Life

Marcus Fernández
Publicado: 09/05/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

second_life_doutora.jpgA Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC) e a Coalición de Cidadáns con Enfermidades Crónicas colaboran na creación de La Isla de la Salud, un espazo virtual dentro de Second Life que nun principio serve para a publicación de paneis informativos sobre hábitos saudables e mesmo para realizar consultas gratuítas orientadas ao público mozo, que será atendido por dous doutores do Grupo de Atención ao Adolescente de semFYC durante 2 días á semana (os luns de 19:30 a 21:00 horas e os xoves de 22:30 a 24:00 horas).

Imaxe de La Isla de la Salud
Imaxe de La Isla de la Salud
O presidente de semFYC, Luis Aguilera, recoñece que os mozos acoden con pouca frecuencia ás súas consultas, en boa medida pola súa boa saúde, pero cómpre que coiden outros aspectos coma «condutas de risco que poden desenvolver no futuro un problema de saúde, coma é o consumo de substancias tóxicas ou o inicio non planificado de relacións sexuais».
Pola súa banda, a doutora Rosario Jiménez, coordinadora do Grupo de Atención ao Adolescente de semFYC pensa que «moitas veces o que precisan é un contorno de anonimato e confidencialidade para consultar dúbidas relacionadas co consumo de drogas, as relacións sexuais, etc. que non se atreven a preguntar na consulta tradicional».
Pero La Isla de la Salud non se limita a servir de consultorio virtual, senón que tamén consta dunha sala de xuntanzas na que se poden proxectar vídeos e presentacións, un auditorio para encontros abertos, unha aula cultural e paneis con consellos de saúde e educación sanitaria.
O vicepresidente de semFYC, José Antonio Prados, tamén anunciou que en breve incorporarán unha consulta para patoloxías crónicas, aínda que hai que destacar que as consultas virtuais non poden substituír ás tradicionais, aínda que o certo é que «o 75% dos diagnósticos se fan sen necesidade de exploración, só coa entrevista» segundo o doutor Prado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

informe-fogares_edicion-2025.jpg
Internet

Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

10/07/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

A fibra de 10 Gbps de Movistar supón un incremento de prezo de 5/10 euros ao mes

16/02/2026
hua-en8010ts-20_desc_2.jpg
Internet

Movistar podería estrear comercialmente a fibra a 10 Gbps o vindeiro día 16

02/02/2026
os_mar_2012_2017_ww.jpg
Internet

Android xa é o sistema operativo máis empregado para acceder á web

04/04/2017

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?