Os vídeos seleccionados son seguros para os pequerrechosO vídeo na Rede é sa un fenómeno imparable, pero tamén é unha preocupación para os pais, xa que deixar aos seus cativos fronte a servizos coma YouTube tamén abre unha fiestra a unha chega de contidos pouco axeitados para menores, de aí que nacese un servizo web coñecido coma Totlol, que administrado por unha comunidade de pais recolle vídeos infantís de YouTube pensando nunha audiencia de entre 6 meses e 6 anos. Estes sistemas de agregación de vídeos parecen unha boa idea, que é de agardar que prosperen, aínda que polo momento non coñecemos de nada semellante para público que non sexa angloparlante, aínda que no caso mencionado hai que recoñecer que boa parte dos contidos non precisan de coñecer o inglés para a súa comprensión.